IniciosociedadeUn descenso de 23 positivos deixa o número de casos na provincia...

Un descenso de 23 positivos deixa o número de casos na provincia por debaixo dos cen

O Hospital da Mariña segue sen ingresados por Covid-19 e nos xeriátricos da comarca só se documenta un maior enfermo de coronavirus, en Mirador del Eo

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo caeu por debaixo dos cen, segundo os datos ofrecidos este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). O reconto oficial documenta 99 positivos, 23 menos có pasado venres.

Segue sen haber ingresados a causa da pandemia no Hospital Público da Mariña, segundo a mesma estatística. No Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) hai catro pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci). Ningún dos hospitais da provincia -A Mariña, Monforte, HULA e Virxe dos Ollos Grandes– ten nestes momentos ingresados pacientes Covid-19 nas súas unidades de hospitalización ou plantas.

En domicilio documéntanse 95 casos, 22 menos. No histórico, un total de 27 persoas faleceron a causa da pandemia, cinco deles na Mariña. Déronse 795 altas, 25 máis ca onte.

1.510 INFECTADOS EN GALICIA E 604 MORTES

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.510, deles 331 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 277 da de Ourense, 93 da de Pontevedra, 401 da área de Vigo, 244 da de Santiago, e 65 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en Uci, 102 están en unidades de hospitalización e 1.389 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.820 persoas curadas, rexistrándose 604 falecementos. Os últimos, trala revisión clínica dos casos, son un home de 70 anos e outro de 78 que estiveran ingresados no CHUS.

O número de PCR realizadas é de 124.108.

RESIDENCIA

Nas residencias da Mariña, segundo os datos do mesmo reconto, só queda un positivo, o dun ancián da vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, que permanece asintomático, illado e á espera de proba para confirmar que superou a enfermidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...